DÍA 1 de decembro, ás 12h, vai ter lugar a Exposiçâo de fotografias
"MULHERES" de Mercedes Vázquez Saavedra.
No Polo do ECOMUSEO "Corte do Boi". Do día,1 ao 9 de decembro.
PITÔES DAS JUNIAS.
MONTALEGRE. - PORTUGAL
Fotografías das mulheres arraianas, mulheres fantásticas,
trabalhadoras, loitadoras...,
entre as que se atopan as minhas veciñas, as mulheres de Pitôes.
.
Unha amiga de Tourem, que chegou aos 100 anos, contou que viña de recoller garabullos... para se quentar e tiña preocupación do frio que terían os de Calvos (Calvos de Randín. Ourense ), na terra galega, que aqueles días atopábanse a menos 6 grados....
-Cómo estaràn os de Calvos...!,-repetiu a centenaria, isa era sua preocupación, cómo estaría a veciñanza galega arraiana noutra beira do río Salas.
"Unha amiga de Tourem". Hai un par de anos.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário